Xoves. 03.10.2024
El tiempo

As Bibliotecas e os centros de ensino da comarca recibirán un exemplar da reedición da biografía de Mourelle da Rúa

Libro Mourelle da Rua
As Bibliotecas e os centros de ensino da comarca recibirán un exemplar da reedición da biografía de Mourelle da Rúa

Tralo gran traballo de Xosé Manuel Varela, María Suárez, Suso Lista e a Asociación Insua de Viastela, e a pesar dos atrancos municipais, xa está impreso, da man do Concello e a Deputación, a reedición da biografía do almirante Mourelle realizada no seu día por Amancio Landín. Xa hai data a presentación oficial, o 3 de decembro no Museo de Arte Contemporáneo de Corme.

Amancio Landín escribira a historia deste cormelán, pero esa biografía non tiña versión en galego e estaba descatalogada. Agora a biografía do almirante Mourelle chegará a todas as bibliotecas públicas da Costa da Morte, e mesmo a xentes de Insua de Viastela ofrécense para visitar cada centro de ensino para contar a súa historia.

O Concello xa levou os exemplares ás blbliotecas dos centros de ensino pontecesáns.

Novas relacionadas

Comentarios