A reedición do libro de Landín sobre Mourelle da Rúa, a piques de chegar ás escolas
Leva dous anos a Asociación Cultural Insua de Viastela traballando para poder reeditar a gran enciclopedia sobre as andainas do explorador cormelán Mourelle da Rúa. Unha biografía escrita por Landín Carrasco, que a entidade quere recuperar. Para iso contacto coa familia, e agradece a boa disposición do fillo Amancio Landín Jaraiz para intermediar co resto dos heredeiros. “Todos eles recibiron con boísima disposición rescatar o minucioso traballo de seu pai”, explican dende Corme.
A biografía de Mourelle levaba demasiados anos descatalogada e era casi imposible de conseguir. Así, entre Concello de Deputación asumirán o custe da reedición. “Os prazos foronse alongando máis do que nós queríamos, as negociacións co Concello, a dixitalización do texto, a traducción ao galego da biografía, as correccións e a maquetación laboriosa levaron o seu pero por fin onte os arquivos definitivos chegaron e só queda que o Concello faga a súa parte de xestión”.
Agora a visión é moito máis esperanzadora e xa falta menos para que este libro chegue ás casas e aos centros educativos!!!