Asinado o convenio para a impresión da biografía de Mourelle
”É unha gran nova para Corme, pero tamén para Galicia, para España e para o mundo enteiro”, sinala un orgulloso Suso Lista, que ve a luz ao final do túnel tras máis de 2 anos de traballo. Deuse un gran avance na recuperación da historia de Mourelle da Rúa, pois a Asociación Cultural Insua de Viastela vén asinar coa Deputación da Coruña o convenio de impresión da biografía do explorador feita por Landín.
Tanto o Concello coma Insua de Viastela agradecen a xenerosidade dos heredeiros de Amancio Landín Carrasco pola cesión dos dereitos de autor desta edición non venal traducida ao galego. A trascrición dos diarios de navegación manteranse na rica prosa orixinal de Mourelle de la Rúa.
Homenaxe
Tamén neste mes tivo lugar na Subdelegación do Goberno na Coruña unha importante reunión coa participación da subdelegada do Goberno María Rivas, o coronel Antonio Bernal como delegado de Defensa, Lois Garcia Carballido e parte da directiva de Insua de Viastela na que o Concello mediou para que a Armada participe nas iniciativas da homenaxe que foran aprazadas pola pandemia.
Entre outras cousas solicitouselles a visita dunha nave da Armada ao porto de Corme con xornada de portas abertas, a participación dalgún historiador militar para dar unha conferencia relacionada coa traxectoria do mariño, e que fose bautizada co seu nome algunha área especial dunha Escola Naval de Galicia.
Fíxose especial fincapé na posibilidade de que o retrato de Mourelle, propiedade do Museo Naval de Madrid, sea exposto temporalmente no Museo de Arte Contemporaneo da Costa da Morte (MACCMO) en Corme, a localidade natal do laureado navegante.