venres. 17.01.2025
El tiempo

O BNG lanza a súa propia campaña de apoio ao pequeno comercio e critica a parálise municipal

campanha BNG Nadal Ponteceso
campanha BNG Nadal Ponteceso
O BNG lanza a súa propia campaña de apoio ao pequeno comercio e critica a parálise municipal

O BNG de Ponteceso fai pública a súa campaña de apoio ao pequeno comercio e aproveita para lamentar que o tecido local se vexa perxudicado pola "falla de previsión do Concello". Para o grupo a " ponte de decembro supón tradicionalmente o inicio das compras de Nadal e a falla de previsión do Concello de Ponteceso perxudica ao comercio local” di a voceira municipal, Fátima Rodríguez Gonzálvez, que considera unha irresponsabilidade do Goberno Municipal que o alumeado de Nadal non estea aínda íntegramente colocado e acendido na localidade.

"Un goberno sen iniciativas e que non ten claros os tempos, un goberno que funciona, igual que o goberno anterior, empurrado pola crítica en redes sociais e que agarda ata que a cidadanía lle formula peticións antes de resolver ou dispoñer ningunha solución, por máis evidente que sexa a necesidade. Unha forma de actuar propia do máis tradicional caciquismo", critican con dureza.

No que ao pequeno comercio respecta, "non se trata soamente da falla de iniciativas ante o Nadal, que se chegue tarde co alumeado ou que, un ano máis, se descoñeza se existirá un programa de actividades e eventos propios do Concello, máis aló de apropiarse das actividades das asociacións e colectivos sociais", denuncian.

Aparcamento

A maiores, despois de ano e medio, "atopámonos ante un Goberno que non foi quen de habilitar prazas de aparcamento dignas para resolver a histórica demanda do comercio pontecesán. Afrontamos o Nadal con dúas zonas de aparcamento enlamadas e cheas de fochancas nas que resulta case imposible aparcar. A falla de acordo coas familias propietarias para firmar os necesarios comodatos poñen de manifesto a incapacidade de diálogo e a falla de determinación do goberno municipal".

aparcamientos ponteceso
Estado dos aparcamentos...

Comentarios