Luns. 29.04.2024
El tiempo

Os Bombeiros póñense en folga

Bombeiros en folga
Os Bombeiros póñense en folga

Esta pasada noite de mércores 14 de xuño os Bombeiros do Parque Costa da Morte anunciaron que comezan unha folga autonómica secundada por todos os bombeiros comarcais de Galicia.

Consideran que a xestión do servizo está sendo negativa e se consideran “abandonados” en relación ao “equipamento e material”:

  • “Un parque móbil antigo onde o 90% dos vehículos están chegando ós 20 anos”,
  • ”Roupa desgastada e sen reposición”,
  • “As Luces e rotativas seguen sendo amarelas cando todos os servizos de emerxencias de Galicia xa mudaron cara as azuis”;
  • ”Anos sen investimentos reais no servizo.

Fan fincapé nas condisións dos traballadores, que fan 1800 horas de traballo máis as horas extras a maiores (cando calquera empregado público de Galicia realiza 1664 horas anuais); non teñen completementos nin extras por toxidicdade… e en caso de morte ou invalidez reciben unha compensación de apenas 24.000 euros.

Os Bombeiros lamentan ademais ver “tanto a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña están a fardar nos seus medios de comunicación de cara a galería, de inversións millonarias en emerxencias para vender unha falsa sensación de seguridade a poboación que non se dá”.

Consecuencias da folga

Esta situación provoca que “quedan suspendidos temporalmente as visitas ós colexios, os simulacros, preventivos nos eventos, reténs… Só se atenderán as emerxencias e necesidades urxentes que se vaian dando no día a día.” Ademais, “establécense servizos mínimos, cun retén de 3 bombeiros diarios e só se farán as tarefas recollidas nas nosas funcións como bombeiros.

Comentarios