Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A campaña de vela para a rapazada chega a Corme este verán

 

Campana Vela Deputacion 2022
A campaña de vela para a rapazada chega a Corme este verán
A Campaña de Vela 2022, organizada pola Deputación da Coruña, dirixida a rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro do 2004 e o 31 de decembro de 2013 (ambos incluídos), chegará a Corme do 8 ao 12 de agosto.

Haberá dúas opción: horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) ou horario de tarde (de 16:00 a 20:00 horas). Para poder participar hai que saber nadar e  tamén será imprecindible que leven zapatillas deportivas, roupa cómoda e unha prenda de abrigo. A organización porá á súa disposición un chaleco salvavidas.

Aqueles que estean interesados poden inscribirse no concello de Ponteceso ata o 21 de xullo. A cota de inscrición é de 25 euros e deberase ingresar no número de conta que publicará a Deputación da Coruña na web: www.dacoruna.gal/deportes.

Comentarios