Dous premios con denominación de orixe Costa da Morte nos Premios COAG do Colexio de Arquitectos de Galicia
 
          Este venres entregáronse no Palacio de Congresos e Exposición de Galicia en Santiago os 21º Premios COAG do Colexio de Arquitectos de Galicia. E dous dos premios estiveron relacionados coa Costa da Morte.
 
Casa Panchés

Por un lado, na categoría Vivenda Unifamiliar, o COAG recoñeceu o traballo da Casa Panchés, un proxecto feito por Óscar e Iván Andrés Quintela, do estudio compostelán Arrikabe Arquitéctos. O xurado valorou a relación coa marabillosa contorna carnotá, e a “exploración espacial” do interior.

Mellora do bordo da praia de Porto do Son

Tamén foi recoñecida o proxecto da mellora do bordo da praia de Porto do Son, realizada polos ceenses Juan Creus e Covadonga Carrasco, xunto con Marcial Rod., José Martín Valladares. “Unha obra que trata a renaturalización do acceso á praia da vila (Praia do Cruceiro), unha franxa urbanizada que dende os anos 80 marca un límite preciso que frea a evolución do areal”, destaca o xurado.
Podedes ver aquí os proxectos premiados polo COAG.
 
       
       
             
             
        
 
           
          