Martes. 19.03.2024
El tiempo

Chantaxe ou montaxe?

Lois Carballido alcalde de Ponteceso
Lois Carballido artellou unha gravación oculta para filtrala á prensa aos seus edís
Chantaxe ou montaxe?

Despois de ver repetidas veces o vídeos que La Voz de Galicia sacou á luz acompañados dos títulos que vou citar a continuación véñenme á cabeza unha serie de cuestións e reflexións que quero expoñer.
"Chantaje al alcalde de Ponteceso: <<7.200€ se queres tranquilidade>>".
"Una concejala exige 400€ al mes y un edil 350, a cambio de apoyar al alcalde de Ponteceso".


    •    O feito de poñer cámaras ocultas para gravar sen o seu consentimento unha conversa con compañeiros de goberno coa intención de filtrar o vídeo á prensa non é unha actuación que debe ser como mínimo cualificada como mafiosa?

    •    Os vídeos están "cociñados", é dicir, os vídeos publicados son cortes dunha gravación que están unificados para que pareza que o alcalde está sendo vítima dunha chantaxe, polo tanto, se realmente os feitos dos que se se acusa aos “concelleiros díscolos” fosen certos, que necesidade había de “cociñar” un vídeo podendo sacar á luz unha gravación completa para demostrar a veracidade dos feitos?

    •    A actitude e xeito en que o alcalde expón preguntas aos concelleiros é unha mostra clara de que é o ideólogo da gravación. 

    •    "Dios, non entendo, eu son de letras, dime claramente como é...".

    •    "Eu me vexo contra as cordas por 600€".


O alcalde minte cando di que os concelleiros que non teñen dedicación exclusiva ou parcial non cobran en ningún lado agás en Ponteceso, xa que obteñen remuneración económica por asistencia aos plenos, asistencia a xunta de goberno, asistencia a comisións informativas e asistencia a outras comisións dependendo do concello.

Como mostra considerei óptimo elaborar unha táboa coas retribucións económicas dos concelleiros do resto de concellos da comarca de Bergantiños, as cales están publicadas no Boletín Oficial da Provincia e achegar o documento oficial firmado polo alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, onde se especifica as retribucións económicas a percibir polos concelleiros pontecesáns que non teñen asignada dedicación exclusiva nin parcial por ditas tarefas. En definitiva, non están chantaxeando ao alcalde, senón que están reclamando o que lles pertence despois de máis dun ano á fronte da casa consistorial, xa que as cifras económicas das que se falan nos vídeos coinciden cos publicados nos documentos oficiais.

CONCELLOS ASISTENCIA PLENOS ASISTENCIA XUNTA DE GOBERNO ASISTENCIA COMISIÓNS INFORMATIVAS OUTRAS COMISIÓNS
CORISTANCO 90 60 60 --
CARBALLO 100 100 90 50
CABANA DE BERGANTIÑOS 100 150 100 --
MALPICA DE BERGANTIÑOS 90 90 90 --
LARACHA 90 120 65 65
LAXE 50 100 50 --

FONTE: Elaboración propia. 
 

Captura de pantalla 2020-10-26 a la(s) 07.59.27
FONTE: Boletín Oficial da Provincia


Con todos estes datos na man quero concluír dicindo que a suposta chantaxe da que fala o alcalde e La Voz de Galicia é unha artimaña política ideada por Lois García Carballido co obxectivo de atacar e desgastar política a persoalmente a unha meirande parte do equipo que o axudou a acadar a maioría absoluta nas pasadas eleccións municipais de maio de 2019, esgotando as poucas balas que lle quedan para aferrarse á alcaldía, un posto que quedou demostrado que lle queda grande.

Declaracións de Faustino Santiago Lema

Este domingo, un dos concelleiros implicados, Faustino Lema, declaraba que "a información difundida é rotundamente falsa, foi redactada de forma tendenciosa por parte da Voz de Galicia e xera uns prexuízos irreparables nos meus dereitos fundamentais ao honor".

Denuncia que a gravación no despacho da alcaldía é "contrario á lei" e avisa de que está a falar cos avogados para proceder a realizar unha denuncia.

  • Juan Carlos Abelenda
     

Comentarios