mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os Coidados como necesaria saída laboral dende a FP

  • A primeira promoción de técnicas de atención a persoas en situación de dependencia do IES Eduardo Pondal de Ponteceso, xa está activa mercado laboral.
Xornadas Empregabilidade IES Eduardo Pondal
Os Coidados como necesaria saída laboral dende a FP

O IES Eduardo Pondal acollía onte as II Xornadas de Empregabilidade para poñer en contacto as empresas e institucións de coidados da contorna co alumnado de FP que titula neste curso tanto de Atención a persoas en situación de dependencia, neste caso a segunda promoción que consiga esta titulación nun instituto da Costa da Morte, profesión cunha tasa de desemprego prácticamente nula.

“O noso alumnado esforzouse moito durante estes dous cursos para acadar os coñecementos e habilidades necesarias para seren os mellores profesionais dos coidados, algo que enche de orgullo ao equipo docente”, comenta Cristina Vázquez, profesora deste ciclo de formación profesional desde o 2022, 2resulta moi reconfortante como dende empresas e institución valoran tan positivamente a formación e actitudes do alumnado do noso centro”.

Este martes 25, participarpon nunha mesa redonda sobre o futuro laboral dos coidados:

  • Amanda Manteiga do Fogar A Laracha
  • Adrián Monteseirín de Un paso máis, Carballo
  • Jesús Villar de AFABER Carballo

Nesta ocasión tamén participarán as exalumnas Chus Carreira e Yanira Rojo para contar a súa experiencia despois de acadar a titulación tanto a nivel laboral como na ampliación dos estudos. 

“Nestas xornadas, queremos ademáis, abrirnos á comunidade encargada dos coidados á dependencia da nosa comarca, para dar a coñecer ao noso alumnado e que estes tamén coñezan a realidade do mercado laboral, cal é o perfil profesional que se busca nos diferentes servizos e as posibilidades de autoemprego”.

Durante o resto do curso seguiranse a programar actividades e saídas para dar a coñecer as posibilidades laborais deste ciclo tan demandado actualmente na nosa contorna.

Máis novas

Comentarios