Comeza a tempada de outono na Fundación Eduardo Pondal

Logo da clausura das actividades da Escola de Verán de 2012, a Fundación Eduardo Pondal continúa cun completo ciclo de actividades para este mes de setembro. As citas chegan este martes, 4 de setembro. A partires das 12:00h, os patróns da Fundación Eduardo Pondal manterán unha reunión co equipo directivo de todos os centros escolares do concello de Ponteceso, co gallo de ofertarlles as actividades que a FEP lles proporá aos distintos niveis educativos, dende Educación Infantil ata Bacharelato, e que se desenvolverán no mes de outubro, dentro do ciclo Outono Pondaliano. As citas estarán de volta na fin de semana. O venres 7 de setembro terá lugar a actividade Monólogos de Serán. Desenvolverase na parte dianteira da casa natal de Eduardo Pondal, e se trata dunha iniciativa aberta a todos os públicos. O autor, Carlos Meixide, ofrecerá unha sesión de monólogos. O acto será presentado por Luis Antonio Giadás. Máis na fin de semana Chegan máis actos na Fundación Eduardo Pondal na fin de semana. I é que na tarde do sábado, 8 de setembro, a actriz Tamara Lema iniciará un Curso de Declamación e Escena en Lingua Galega, unha iniciativa pioneira na Costa da Morte. Os destinatarios será a rapazada. O curso impartirase todos os sábados do último trimestre do ano. A última proposta programouse para o sábado 15 de setembro. A Fundación, na súa filosofía de manter relación culturais con outras institucións do país, realizará unha saída para adultos á Romaría da Virxe do Cristal, na vila de Celanova (Ourense). As ligazóns con Celanova veñen a través da Fundación Manuel Curros Enríquez. A visita contará co asesoramento histórico e etnográfico de Luis Antonio Giadás. É necesario inscribirse de xeito previo.

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP, da man de Xosé Manuel Varela.