Martes. 19.11.2019
El tiempo

Clase de Paisaxe Pondaliana

Clase de Paisaxe Pondaliana

Se dicimos que a Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal é distinta, por algo será. Non hai máis que repasar o Programa cultural ou ir comprobando actividade a actividade o seu traballo.

Hoxe nos levan, cos máis pequenos, a coñecer a enseada da Insua a través un dobradoiro de paisaxe. Esta acción educativa enmárcase no programa “12 meses 12 paisaxes”, enmarcada no desenvolvemento da Estratexia Galega da Paisaxe e conta coa colaboración do Instituto de Estudos do Territorio para a difusión e valorización das paisaxes de Galicia.

O obxectivo destes obradoiros é ensinar ao alumnado a colocar os “lentes de ver a paisaxe” para poder apreciar a través deles as nosas relacións e dependencias do noso entorno e valorar os aspectos positivos do mesmo e da necesidade de conservar o medio ambiente.

A sesión comezou cun pequeno obradoiro titulado “Cómo ler a paisaxe” na que se incluían imaxes da aldea do Couto. A continuación, a rapazada formou equipos de 3 compoñentes e realizaron a parte práctica do obradoiro seleccionando no propio lugar as contornas, tanto do núcleo rural como dos arredores, mellor e peor valorados. Finalmente, expúxose en común o traballo dos equipos, cun debate sobre os criterios a ter en conta para preservar a paisaxe e os valores que leva asociados.

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP.

Comentarios