Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Paula Pombo: “A forza coa que rompe o mar no Roncudo fai que o noso percebe sexa o rei”

Paula Pombo: “A forza coa que rompe o mar no Roncudo fai que o noso percebe sexa o rei”

O rei do marisco xa ten a súa festa preparada. Este ano a Festa do Percebe do Roncudo será o sábado 7 de xullo, e se por Pamplona correrán os touros, por Corme correrán os percebes.

Queremos falar con Paula Pombo, Presidenta da AAVV Eduardo Pondal de Corme, entidade que xunto co Clube de Xubilados forman a Asociación para a Promoción do Percebe do Roncudo.

  • QPC: Este ano, ata o cartel vai en clave monárquica. Por que o percebe é o rei dos mariscos? E por que o percebe do Roncudo é o rei dos percebes?

Para min, é o mellor, dende logo. O percebe pasa por ser o rei dos mariscos por varias cousas: polo difícil que é de collelo, polo sabor que tén e porque non o hai en moitas partes.

Sobre o do Roncudo, disque é polo mar bravo, pola forza coa que rompe o mar aquí na zona, que fai que se críe o percebe doutra maneira.

Aquí o percebe máis rico é o da Pedra, no mesmo Cabo Roncudo. Pero tamén haino moi bo na Insua (na illa que hai aló enfronte) e tamén en toda a zona, dende o faro ata case preto do peirao.

  • QPC: 20 anos de festa son moitos anos? Lembras os inicios?

Eu aínda era nova, estaba en plena xuventude e só lembro pasala disfrutando da festa. Antes era moi diferente, antes viñan autobuses cargados de xente de toda Galicia, cousa que non se ve. De feito, a festa cambiou un pouco, agora hai moito máis xuventude, xa non hai aquelas excursións pero estes últimos anos a xuventude está respondendo de primeira.

  • QPC: E a día de hoxe, a vila segue vivindo do Percebe? Cantos perceibeiros e percebeiras traballan hoxe na vila?

Pois a día de hoxe debe haber arredor de 60 carnés de percebeiro. É dicir, unhas 60 familias viven do percebe, que para unha vila como Corme de apenas 1.000 habitantes, é moito.

  • QPC: E canto representa a festa de hoxe no montante total anual? Faise tanto traballo para este día que para o nadal, por exemplo?

Traballar, trabállase máis para o Nadal. Son máis de 15 días traballando, e hai moita venta que vai para fóra. Pero a festa é algo que inflúe moitísimo, dende logo.

  • QPC: E o furtivismo, está máis controlado que nos últimos anos?

Si, a verdade é que está máis tranquilo. Houbo catro queixas nos últimas semanas, porque sempre hai algún que vai, pero algo residual, que debe ser moi frouxa porque non se oe. I é que aquí os veciños xa fan de vixiantes e se a xente non fala é que non hai problema. Se alguén vai, a xente ponse a falar que se viron un coche, que si viron unha luz... e iso é o mellor vixitante.
Ultimamente está bastante tranquilo a verdade.

Pois outros tantos imos coller.

  • QPC: E cantas cociñeiras se necesitan para cocer todos eses quilos? Daquela, o 7 de xullo, canta xente estará traballando arredor da Festa?

Pois este ano temos 35 persoas para traballar en total, entre cociñeiros, persoas vendendo tickets, camareiros... Para cociñar a verdade non sei cantos farán falta, dúas persoas pelando patacas e 3 ou 4 cocendo nesas potas xigantes.

  • QPC: Canta xente move a festa do Percebe? Canta xente estivo en Corme o ano pasado?

É imposible sabelo exactamente, pero o que si podo dicir que o ano pasado estaba petado, non se movía unha agulla. E este ano, contamos co mesmo ou máis, por suposto.

  • QPC: Canta xente forma a comisión?

Pois estamos traballando na Festa unha serie de xente da AAVV Eduardo Pondal de Corme e do clube de Jubilados. Entre estamos Javier Álvarez, Nuria Rodríguez, Wenceslao Mosqueira, Juan Gómez, Rosa Rodríguez, Joaquín Pose, Inosencio Mosqueira e Adán Manuel Costa, e máis eu.

  • QPC: E xa en clave de Festa, xa temos programa?

Pois si, xa temos perfilada o día para ese 7 de xullo. Comezaron ás 12:00 coa misa na honra dos percebeiros/as falecidos/as na Igrexa nosa señora dos Remedios de Corme. Unha misa que estará cantada pola Coral Brisas do Mar.
A partires das 12.30h xa se poderá comezar a comprar os tickets para percebe, pulpo e empanada. E dende ás 13.00h xa amenizarán o xantar os pasarrúas da Charanga Os Kilomberos de Monte Alto e o Grupo de Gaitas Donaire da Coruña.

Este ano o pregoeiro será o Bergantiñán do ano 2011, Ramón Pombo Castro, que fará lectura do pregón ás 13:30h na praza da Ribeira. De aí ás mesas.

E tamén teremos música, con djs dende ás 14:00h e ata que o corpo aguante, na praza. Serán ademais da casa: "Eventos On", con Adrián Varela e Miguel Cousillas poñendo boa música.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios