Venres. 26.04.2024
El tiempo

Comezan hoxe as obras de instalación de fibra óptica en Corme

Comezan hoxe as obras de instalación de fibra óptica en Corme

Hoxe comezan as obras de instalación de fibra óptica en Corme Porto. Unhas obras enmarcadas no Plan Español de Extensión de Banda Larga de Nueva Generación, tamén coñecido como PEMANC, que se executan un ano despois da reunión que o alcalde de Ponteceso tivo co Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía en Madrid.

A empresa Telefónica, que foi a gañadora do concurso en Galicia, arrinca as obras, pero a infraestrurura poderá ser utilizada por todos os operadores.

Por agora, quedarán puntos sen cubrir como a urbanización Praia do Osmo, ”pero conseguirase pronto”, aseguran dende o Concello.

Comentarios