Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Concello de Ponteceso instala a Zona Azul na Avenida Eduardo Pondal e a Rúa Río Anllóns

  • O Concello formula infraccións de 80 euros para os que incumpran a normativa
Avenida Eduardo Pondal Ponteceso
O Concello de Ponteceso instala a Zona Azul na Avenida Eduardo Pondal e a Rúa Río Anllóns

O Concello de Ponteceso vén de instalar a Zona Azul na zona comercial da vila trala aprobación no pleno da nova Ordenanza Xeral Municipal, cos votos a favor do Partido Popular e Partido Galego, as abstencións de AxP, BNG e APIN e os votos en contra do PSOE. 

O Concello procederá ao establecemento de zona azul na marxe dereita dirección A Coruña da Avenida de Eduardo Pondal, desde o número 2 ate o 64 e tamén na Rúa Río Anllóns, na marxe dereita dirección Anllóns, comezando no número 4 ata o 46. O horario de limitación comprenderá de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres, salvo os días festivos.

O  tempo de aparcamento estará limitado a 90 minutos, a contar desde a hora sinalada como hora de chegada que se terá que colocar nun disco horario, que deberá estar visible. 
De feito, non facelo é unha infracción que carrexa multa de 80 euros, ao igual que exceder o tempo máximo, marcar no indicar de hora de chegada un horario que non se axuste á realidade ou non retirar o vehículo a lo menos 250 metros con respecto ao lugar unha vez se modifique o horario no indicador. A contía elixida é similar ás doutros concellos da contorna, como Carballo e Laracha, que xa empregan este sistema de aparcadoiro con Zona Azul.

Aparcamentos disuasorios

Unha vez aprobada esta modificación, o goberno ten o compromiso de non executar a zona azul só unha vez estean dispoñibles os aparcadoiros disuasorios cos que se recuperarán e mesmo aumentarán as preto de 110 prazas de libre uso -entre a Avenida Eduardo Pondal e a Rúa Río Anllóns- que pasarán a adquirir carácter rotatorio. 

Comentarios