mércores. 30.04.2025
El tiempo

A Confraría de Corme celebra e agradece o legado do libro feito por Moncho de Filgueiras, Kiko Saleta e Fernando Vidal

libro Embarcacions de pesca de Corme de Moncho da Figueiras
A Confraría de Corme celebra e agradece o legado do libro feito por Moncho de Filgueiras, Kiko Saleta e Fernando Vidal

Vén de recibir a Confraría de Corme os exemplares do libro “Embarcaciones de pesca de Corme (1862-1924)”. Redactado e editado por Ramón García Filgueiras, coñecido na vila por “Moncho de Filgueiras” (xa fixo un sobre os barcos de cabotaxe da Costa da Morte e outro do norte de España), trátase dun bonito recordo, un legado, que quixeron deixar dúas persoas fundamentais no desenvovendo da actividade mariñeira en Corme nos últimos 40 anos.

Fernando Vidal Pombo, ex Capitán Marítimo, e Francisco Manuel Saleta Neira “Kiko”, o ex Secretario da Confraría, ambos recén xubilados, quixeron deixar por escrito un repaso dos datos de centos de barcos asociados ao pósito que levan colleitando nos últimos 35 anos no pósito cormelán, coa intención de que toda esa información non se perda.

O libro levouse a cabo baixo a coordinación do ex patrón maior, Roberto Vidal, e coa axuda na impresión por parte da Deputación da Coruña, e o Concello de Ponteceso. Agora a Confraría cormelá vai facer entrega dun exemplar gratiuto a cada socio da confraría.

Dende a propia confraría queren agradecer a colaboración dos tres armadanzas, e se ben ao ex capitán xa lle realizaron unha homenaxe cando se xubilou, queren envíar unha aperta especial ao Secretario da Confraría, Kiko que desenvoveu toda unha vida en Corme, pasando de vixilante, a axudante de Secretario antes de ser o Secretario da Confraría, “o timonel da Confraría” dende 1992. Kiko foi ademais, xunto con Inocencio, o impulsor da Festa do Percebe do Roncudo, idea xurdida dunha comida realizada nun restaurante en Malpica, inspirados por un cadro cunha foto de percebes e a lenda “Galicia Calidade”. 

Máis novas

Comentarios