Martes. 24.05.2022
El tiempo

A Confraría de Corme consegue unha conxeladora, busca drons para o vixilante e pensa en como axudar á volanta

pa121209-016
A Confraría de Corme consegue unha conxeladora, busca drons para o vixilante e pensa en como axudar á volanta

Arredor dos 5 anos leva o pósito de Corme indo mercar xenrada cada 2-3 días a Malpica, Corcubión, Coruña... Agora, coa nova conxeladora aprobada pola Consellería do Mar poderá facer unha compra para un par de meses.

Dende o pósito lembran a grúa conseguida o ano pasado, e explican que están traballando para dotar cun dron ao novo vixilante, que lle permita controlar os 30km de litoral dende un só punto.
Un sistema co que xa contan outras confrarías da provincia pero que por agora non acaban de aprovietar, pero que pode ser un método máis que efectivo de control contra o furtivismo.

Para o ano, o último desta xunta directiva, pensan en como axudar ao sector da volanta. Esperan manter reunións cos patróns e poder botar unha man dende o pósito.

comentarios