Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corme afonda sobre a Contaminación Luminosa

Conferencia contaminacion luminica
Corme afonda sobre a Contaminación Luminosa

Fachendeamos moito na bisbarra de sermos unha das zonas con menor contaminación luminosa de toda Europa. Unha realidade en perigo sobre o que quere reflexionar a Asociación Cultural Insua de Viastela, analizando o impacto que causa a iluminación artificial mal planificada sobre a saúde humana, a biodiversidade e o patrimonio cultural é fundamental para mitigar este problema cara o futuro.

Así, o sábado 21 ás 20:00 organízase no Salón de Actos da Cofradía de Corme unha Conferencia-Exposición sobre Contaminación Luminosa. Martín Pawley, divulgador científico e membro da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío será o ponente. A “Agrupación Ío” ven de recibir o premio Prisma á divulgación científica en 2020 e o Rosalia de Castro en 2021.

Virá tamén o cormelán Alfonso Gómez Cruz, alcalde de Xenebra, para falar do plan Lumiere da súa cidade, e ademais están invitados os alcaldes da zona.

Libro

Antes, o venres 20 de agosto ás 19:00 horas terá lugar na Praza da Ribeira de Corme a presentación de a obra O Naranxo no Trasmundo de Inma Vilariño, acompañando á autora estarán Suso Lista, escritor e actor, Xosé Manuel Varela, filólogo e profesor e Rafael Lema, escritor e investigador.

Comentarios