luns. 02.12.2024
El tiempo

“Corme debe estar cheo de Petroglifos”

“Corme debe estar cheo de Petroglifos”
Petroglifos do Mexoeiro ou a Fieiteira de Corme-Fotos-Juanma Ronquete Petroglifos do Mexoeiro ou a Fieiteira de Corme-Fotos-Juanma Ronquete

Son palabras de Suso Lista, un dos mellor coñece, pedra a pedra, cada recuncho dos montes do Roncudo. A fin de semana pasada, o Colectivo A Rula achegouse dende Santiago para intentar coñecer máis de preto os tesouros ruprestres cormeláns, coa intención de facer unha boa reportaxe e xeolocalizalos. De guía, ninguén mellor que o polifacético Suso Lista.

O alcalde Lois Carballido e o edil de Cultura do BNG, Carlos Penedo, interesáronse ca visita e ordearon desbrozar o camiño para abrir a ruta ata os puntos de interese. E “fliparon cando viron os tesouros”, cóntanos Suso, “e agora parece que están interesados en poñelos en valor, parece que teñen boa disposición”.

Posta en valor: o primeiro, a conservación

Teñen claro que o máis importante é a conservación, pero tamén hai outras cousas que facer: manter o camiño aberto, organizar rutas, sinalizar e poñer paneis informativos, informar aos donos do que teñen nos seus terreos e, sobre todo, que sufran danos, facer un perímetro de seguridade”, apunta Suso.

”É difícil poñelo en valor porque son zonas privadas, pero con vontade sempre se pode. Con que mateñan o camiño aberto xa me chega, porque organizo eu rutas, que non teño título pero seguro que sei abondo despois de todo o que teño pateado. Hai camiños de pedra, de carro, preciosos".

”En realidade o que se tiña que que facer unha auténtica prospección arqueolóxica en toda a zona. E só houbo un estudio nolugar onde ían poñer o parque eólico, pero dende a empresa non fixeran públicos os achádegos, e tiven que ser eu o que o destapou publicamente. De que vale saber que están aí se os vas destruídos”, lamenta Suso. De feito, enriba do Petón da Campaíña hai un viravento. “Eu obrigaba aos da empresa a pagar unha gran prospección arqueolóxica en toda a volta”, asegura Suso que recorda aqueles anos de Concelleiro polo BNG no que xa pedía esta clase de iniciativas, “bastaba que pedise eu algo disto para que non se fixera nada”…

"Que conste que esta xente ten máis sensibilidade con estes temas. Teñen a miña colaboración para todo o que faga falta, que hai moitas cousas por recuperar. O malo é que non hai cartos para estas cousas..." invita Suso.

Petroglifos de Corme-O Outeiro da Fieiteira ou Meixoeiro-Foto-Lois Carballido Petroglifos de Corme-O Outeiro da Fieiteira ou Meixoeiro-Foto-Lois Carballido

Cheo de pedras

”Agora xa me entrou a febre arqueolóxica. Corme debe estar cheo de petroglifos. Aínda fun o outro día por aquí, e atopei outro petroglifo preto da zona do pavillón. Vuin unha pedra cuberta de musgo, destapei un pouco ca man, e aí atopei unha. Despois atopei outra cousa curiosa, unha pedra rectangular, dun metro de longo e dunha cuarta de ancho, e dentro está labrada, como un cadaleito para neno, pero está algo rota. Pola redonda non teñen o que temos nós. E debía haber un artista aquí espectacular”, cóntanos. “Por ali ao arredor ten que haber moitos máis, pero é complicado porque xa pasaron moitos anos, moitas pedras utilizáronse nos valados… “

3 lugares especiais

Mapa do Promontorio de Corme e os seus petroglifos-Fonte-Marco V Garcia Quintela e Manuel Santos Estevez Mapa do Promontorio de Corme e os seus petroglifos-Fonte-Marco V Garcia Quintela e Manuel Santos Estevez

Son máis, pero 3 son os lugares máis impresionantes. O Outeiro da Fieiteira ou Meixoeiro (“chamáballe a “Chousa dos Pratos” porque a xente non lle daba importancia), son unhas 15 laxas horizontais espectaculares, unha delas de 6 metros de longo. “Para min os dos Mexoeiros son o máximo”, recoñece Suso.

Tamén está A Regadiña, e o famoso Petón da Campaíña, abrigada entre as pedras, e unha das máis simbólicas, pero moi deteriorados, e co viravento xusto enriba. Xa pasaron os trasnos durante a primeira edición do Camiño, pero despois modificaron o traxecto para pasar máis preto aínda do mar.

Petroglifos de Corme-Foto-Camino dos Faros 2 Petroglifos do Petón da Campaíña en Corme-Foto-Camiño dos Faros  

Novas relacionadas

Comentarios