Corme finalmente si homenaxeará cun parque aos represaliados do Franquismo


Despois da suspensión por desdenes políticos, este sábado Corme si que celebrará unha sentida homenaxe. A vila cormelá quere dedicarlle o nome do parque infantil a Carmen e Francisco Mantiñán González, cormeláns falecidos con 9 e 7 anos o 26 de abril de 1937 no bombardeo de Gernika.
A acto servirá ademais para recordar aos alomenos 10 asesinados (algúns aínda en cunetas, como por exemplo o tío de Suso Lista, un dos promotores da homenaxe); máis de 30 mortos no bando republicano, 8 nenos da guerra, 6 mulleres escarniadas publicamente (rapadas "a rapacacho" e con bandeiras españolas cosidas na roupa); 13 agochados que foron condenados a carcel, e 481 sindicados no sindicato "El Despertar de Corme" que estiveron na lista negra do Concello.
A emoción será a protagonista.