Corme prepara os Percebes do Roncudo
10:35 13/06/11
En marcha a XIX Festa do Percebe do Roncudo, que terá lugar na vila de Corme o sábado 9 de xullo. Unhas desas citas gastronómicas que sobrepasa as fronteiras da Costa da Morte, i é que un dos mellores percebes do mundo así o vale. Ademais, a organización mellora ano tras ano, e quen vén e proba, volve.
Este ano ademais a cita comezará dun xeito moi especial. O tenista cormelán en cadeira de rodas, Martín Varela, un dos mellores xogadores de España, será o pregoneiro da festa o que lle dá un tono moito máis emotivo.
Polo resto, a festa será coma sempre, moito percebe, charangas, teatro...
Programa da XIX Festa do Percebe do Roncudo
- A partir das 11.00h. Ao longo de todo o día, Música na Rúa, coa Charanga Mecánica.
- 12.00h Misa na honra dos percebeiros cantada pola Coral Brisas do Mar de Corme.
- 12.30h Posta á venda dos vales de Percebe, Polbo, Empanada, Pan e Viño.
- 13.30h Pregón a cargo do tenista cormelán Martín Varela Dourado. O Alcalde de Ponteceso fará entregará das placas conmemorativas polos éxitos deportivos acadados no 2011 aos xuveniles do Corme Clube de Fútbol, a Francisco Rodríguez Bugallo, campión cadete de 100 metros lisos galego, e ao tenista Martín Varela.
- 14.00h Actuación de Pinto e Cobiñas (Protagonistas da serie televisiva Para mariñeiros nós)
- 14.30h Sesión vermú. Sesión de DJ´S a cargo de Three Monkies Again, de Eventos On.
- 19.00h Actuación estelar de "El Parga" que presentará o seu novo disco "Los piratas de Frankin James".
Máis información
Novas relacionadas
- Festa 2010: A Festa do Percebe non nota a crise.
- Festa do Percebe do Roncudo 2009: 6.000 persoas disfrutaron do mellor Percebe do Roncudo.
- Festa do Percebe do Roncudo 2008: A Festa do Percebe do Roncudo volveu ser un referente en todo o país.
Máis novas
- O Percebe do Roncudo, en lata e en internet.
- A bitácora da semana (LIX): O blog da Festa do Percebe do Roncudo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Corme.net.