Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Martín Varela campión do Open de Oviedo

Martín Varela campión do Open de Oviedo

O cormelán Martín Varela Dourado, integrante da sección de deporte para discapacitados A.D. Cempés e coa colaboración do colectivo "Con V de Valarés", Apligasa e Deceuninck, participou o pasado fin de semana nunha nova proba do campionato nacional de tenis en cadeira de rodas, no X Open "Cidade de Oviedo".

Martín Varela participou noutro torneo nacional esta semana, ante a falta de orzamento para realizar torneos internacionais fose do territorio nacional de forma máis periódica. Este mesmo martes día 7 xa viaxa rumbo a Olot (Cataluña), para disputar o Open Internacional Memorial Santi Silvas.

No Cadro Principal do torneo o triunfo final foi de novo para o galego Martín Varela, que se alzou co seu terceiro "Cidade de Oviedo" consecutivo logo de derrotar a gran final ao rioxano Juan José Rodríguez por 6/4, 6/4; nun gran partido de ambos, máximos favoritos a priori ao triunfo final e primeiros cabezas de serie do Open, e que definiu o de Corme nos puntos finais de cada set. Varela superou en semifinais ao vasco Víctor García por 6/2, 6/0, mentres Rodríguez facía o propio co galego Juan Gutiérrez por 6/0, 6/0.

Na competición de dobres, facendo parella co seu compañeiro de entrenos na Coruña Daniel Prada, alcanzaron a final ante a parella Rodríguez - García. Perderon cun tenteo axustado de 7/5 e 6/4.

Novos patrocinios

A empresa de Cabana de Bergantiños, "Apligasa, Aplicacións Plásticas Galegas, s.a." (especializada en carpintería de aluminio e PVC), e a empresa "Deceuninck" de Toledo (tamén especializa en carpintería de PVC), do mesmo xeito que fixeron na tempada 2010, únense ao Proxecto Deportivo de Martín Varela para a tempada 2011, co obxectivo de alcanzar a clasificación para as Paraolimpiadas de Londres en 2012. Desta forma, Apligasa e Deceuninck colaboran co tenista cormelán cunha achega ao orzamento de Varela, que lle permitirá disputar este verán varios torneos máis internacionais, fóra do territorio nacional.

Vindeira cita

Martín Varela realizou un único adestramento este luns na Escola de Tenis Marineda co seu adestrador Lorenzo Hernández e xa viaxa cara a Cataluña, onde a partir de mañá mércores día 8 comezará o Open Internacional Memorial Santi Silvas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios