Venres. 29.03.2024
El tiempo

Corme volcouse de emoción para trasladar á mocidade a memoria histórica do cruel legado franquista

Corme volcouse de emoción para trasladar á mocidade a memoria histórica do cruel legado franquista
Homenaxe aos finados e represaliados do franquismo en Corme Carmen e Paco Mantinan Cormelans finados en Guernika Carmen e Paco Mantiñán son os nenos cormeláns finados en Guernika “Super super emotivo”, o acto que Corme celebrou este pasado sábado para lembrar aos finados e represaliados do franquismo. Todo Corme apoiou o acto, salvo un pequeno grupo, enchendo ese parque xa ten o nome de Carmen e Francisco Mantiñán González, dous nenos cormeláns falecidos con 9 e 7 anos o 26 de abril de 1937 no bombardeo de Gernika. A cita, organizada pola Comisión pola Memoria histórica da vila, servíu como acto de apoloxía da paz e para recuperar unha historia que meda parte da nosa sociedade quere agochar no esquecemento. Pero precisamente para iso se fixo este acto, para non repetir erros, para que a mocidade (que había moita no acto) tome nota de como non se debe polarizar unha sociedade. Así, o propio Suso Lista, un dos “culpables” desta comprometida acción, valora como “moi positivo o feito de poñer estes nomes a un parque infantil, para poder facer pedagoxía da paz dende ben pequeniños”. “Cando a xente lle conta o conto de Caperucita aos seus nenos non se dá conta da salvaxada que está contando, pero eu lles digo que cambien o lobo pola guerra para que os seus nenos, dende pequenos, lle teñan medo á guerra, e así, cando vexan aos seus maiores discutir, que lles digan que paren de facelo, porque iso leva à guerra”. A emoción estivo moi presente, sobre todo cando Lista puxo nomes e apelidos ás cifras. Todos recoñeceron como propios eses case 40 nomes falecidos naqueles tempos e as bágoas estiveron latentes en todo momento.

Comentarios