“Crin que perdiamos o hotel e todo”
Respira fondo aínda ao lembrar aquelas xornadas de medo e incerteza que viviron nos incendios forestais que asolagaron o Concello de Ponteceso os primeiros de agosto. O lume baixaba pola ladeira de Balarés e vía como o lume ían pechando as dúas casas do lugar. “Baixaban as lapas pola ladeira dun xeito apocalíptico, saltaban anacos de árbores queimadas dun lado a outro”, relata.
Un pouco antes, arredor das 19:00h da tarde, tiñan que desaloxar aos hóspedes (aos que recolocaba gracias á colaboración de establecimentos de Laxe, Cabana...) pero é que ás 21:00h tiñan que marchar, e deixar o Hotel Balarés só. “Crin que perdíamos o hotel e todo”, recoñece, “e de non ser polo traballo deses 3 bombeiros de Carballo que estiveron defendendo as dúas casa durante toda a noite esto era paso das chamas”, sinala.
Rafael Varela estivo mantendo contacto durante boa parte da madrugada cun dos bombeiros, pero cando ás 5:00h deixou de recibir mensaxes de volta pensou que estaba todo perdido. Logo soubo que a esa hora mesmo se formulara un plan de evacuación para os bombeiros. “De non ser polo traballo deses 3 bombeiros de Carballo, estaríamos sen nada”, recoñece cargado dun agradecemento que intentará demostrar cunha invitación a comer cando remate a campaña.
Agradece tamén a labor da Garda Civil, que asegura estivo varios días patrullando a zona para ver se atopaba algún culpable.
”O problema é que o monte está como está”, sinala vendo como os eucaliptais, que xa van collendo terreo nunha zona que sempre foi piñeiral, están a monte, sen limpar. “O piñeiral sempre aguanta, porque está limpo”, sinala apuntando que xa lle pediron a ENCE, a celulosa que ten cedidos moitos destes montes montes, que manteña ben limpas as franxas a 100 metros das casas.
Non esquece a colaboración das monitoras da Escoliña de Verán do Couto, que se prestaron a botar unha man, e se puxeron a limpar toda a cinza, as sabas, a louza… para poder recuperar a actividade canto antes. Unha escoliña que é unha auténtica canteira formadora de talento e compromiso, que viviu unhas xornadas de tensión pero de gran aprendizaxe en comunidade.