Desactivada a situación 2 nos lumes de Corme e Xaviña, xa controlados

Esta pasada noite de mércortes 6 de agosto, arredor das 21:00h, a Xunta desactivaba a Situación 2, que se declarara como medida preventiva, nos incendios dos concellos coruñeses de Camariñas, parroquia de Xaviña, e de Ponteceso, parroquia de Corme Aldea. Ademais os dous lumes foron declarados xa controlados.
Cómpre estar moi atentos, porque poden aparecer novos focos. De feito, onte á tarde, os medios mesmo tiveron que sufocar unha nova reactivación en Balarés, como vemos neste vídeo:
En Xaviña
Segue activo o incendio forestal do concello coruñés de Camariñas, parroquia de Xaviña, malia que xa se desactivou a Situación 2 ás 19.58 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 16.57 horas do martes e afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 3 técnico, 13 axentes, 14 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 4 helicóptero. Tamén participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). O incendio deuse por controlado ás 07.16 de hoxe mércores.
A Escoliña de Verán do Couto volve reactivarse.

Ponteceso-Corme Aldea
Está tamén controlado dende as 23.52 de onte o incendio forestal de Corme Aldea, no que xa se desactivou a Situación 2 ás 19.58 horas. O lume iniciouse ás 14.12 horas do martes e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 60 hectáreas.
Ata o momento, para a súa extinción mobilizáronse 7 técnicos, 16 axentes, 20 brigadas, 16 motobombas, 4 pas e 3 unidades técnicas de apoio. Ao longo desta mesma mañá puideron incorporarse aos labores de extinción medios aéreos, grazas a unha mellora das condicións meteorolóxicas. Ademais, participaron nos labores de extinción efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
