mércores. 20.08.2025
El tiempo

“Crin que perdamos o hotel e todo”

O lume no Hotel Balares
O resplandor do lume preto do Hotel Balarés
“Crin que perdamos o hotel e todo”

Respira fondo aínda ao lembrar aquelas xornadas de medo e incerteza que viviron nos incendios forestais que asolagaron o Concello de Ponteceso os primeiros de agosto. O lume baixaba pola ladeira de Balarés e vía como o lume ían pechando as dúas casas do lugar. “Baixaban as lapas pola ladeira dun xeito apocalíptico, saltaban anacos de árbores queimadas dun lado a outro”, relata.

Un pouco antes, arredor das 19:00h da tarde, tiñan que desaloxar aos hóspedes (aos que recolocaba gracias á colaboración de establecimentos de Laxe, Cabana...) pero é que ás 21:00h tiñan que marchar, e deixar o Hotel Balarés só. “Crin que perdíamos o hotel e todo”, recoñece, “e de non ser polo traballo deses 3 bombeiros de Carballo que estiveron defendendo as dúas casa durante toda a noite esto era paso das chamas”, sinala.

Hotel Balares rodeado de bosque queimado 2
Hotel Balarés rodeado de bosque queimado
O Monte Branco queimado e o Hotel Balares dende Area das Vacas
O Monte Branco queimado e o Hotel Balarés (en pequeno á esquerda) dende a praia cabanesa Area das Vacas

Rafael Varela estivo mantendo contacto durante boa parte da madrugada cun dos bombeiros, pero cando ás 5:00h deixou de recibir mensaxes de volta pensou que estaba todo perdido. Logo soubo que a esa hora mesmo se formulara un plan de evacuación para os bombeiros. “De non ser polo traballo deses 3 bombeiros de Carballo, estaríamos sen nada”, recoñece cargado dun agradecemento que intentará demostrar cunha invitación a comer cando remate a campaña.

Agradece tamén a labor da Garda Civil, que asegura estivo varios días patrullando a zona para ver se atopaba algún culpable.

Garda Civil a cabalo por Balares
Garda Civil apatrullando a cabalo por Balarés
Hotel Balares rodeado de bosque queimado
O Hotel Balarés rodeado de bosque queimado

”O problema é que o monte está como está”, sinala vendo como os eucaliptais, que xa van collendo terreo nunha zona que sempre foi piñeiral, están a monte, sen limpar. “O piñeiral sempre aguanta, porque está limpo”, sinala apuntando que xa lle pediron a ENCE, a celulosa que ten cedidos moitos destes montes montes, que manteña ben limpas as franxas a 100 metros das casas.

Non esquece a colaboración das monitoras da Escoliña de Verán do Couto, que se prestaron a botar unha man, e se puxeron a limpar toda a cinza, as sabas, a louza… para poder recuperar a actividade canto antes. Unha escoliña que é unha auténtica canteira formadora de talento e compromiso, que viviu unhas xornadas de tensión pero de gran aprendizaxe en comunidade.

Monitores da escola de veran do Couto no Hotel Balares
Monitores da escola de verán do Couto axudando no Hotel Balarés
A Agra de Balares segue a ser un verxel
A Agra de Balarés segue a ser un verxel

Máis novas

Comentarios