![Deindo Ideas en Ponteceso 2]()
Equipo de Deindo Ideas nas súas oficinas de Ponteceso
Coñecémolos de boa tinta por ser
os responsables da última remodelación de QPC. Unha reforma que permitiu mellorar a usabilidade tanto do portal web como para dispositivos móbiles de xeito sustancial.
Por iso queremos coñecer ao equipo de
Deindo máis afondo, porque sabemos que hai moita historia detrás destes murcianos agora afincados en Ponteceso.
- QPC: Que fai Deindo Ideas?
Facemos desenvolvementos baseados en tecnoloxías web e plataformas móbiles. A nosa especialidade é o comercio electrónico baseado en Prestashop.
- QPC: E hai choio pola zona ou tendes que ir buscalos clientes fóra da bisbarra? Tendes máis clientes "costimorteños" ou de fóra?
Atopamos que o tecido empresarial da bisbarra, polo xeral, ten déficit no seu desenvolvemento tecnolóxico nos campos que nós traballamos, pero, sen embargo, a maioría dos nosos clientes están fora de Galicia.
- QPC: Chegastes hai 7 anos a Galicia dende Murcia? Por que?
Por unha banda foi un momento persoal propicio para o cambio, as circunstancias permitíannos probar un cambio de aires e o noso espíritu aventureiro pedíanos ese cambio. Por outra banda xa coñecíamos o Norte dalgunhas vacacións e decidimos probar a vivir aquí (entendindo por Norte todala franxa dende Tui ata Francia). Finalmente foi unha búsqueda nun portal de emprego a que decideu por nós: aquel día a cidade desta franxa que máis emprego ofertaba era A Coruña.
![Fatima Rodriguez e Juanjo Merino de Murcia a Costa da Morte]()
Fátima Rodriguez e Juanjo Merino, de Murcia a Costa da Morte
- QPC: E tras pasar un par de anos na Coruña, que vos decantou por afincarvos na Costa da Morte, na comarca de Bergantiños?
Cansáramos de vivir na cidade e decidimos probar a vida no rural. A casualidade de atopar unha casa de aluguer en Tallo fixo o resto... unha moi boa casualidade
- QPC: Que tal a acollida da veciñanza? Xa vos teñen fichados por toda a redonda?
A acollida da veciñanza foi moi boa, polo xeral estamos "fichados" como "os da tenda de informática", á xente cóstalle un pouco entender que é o que facemos en realidade, e que desenvolver tecnoloxía non está ligado intrínsecamente á venda ou reparación de equipos informáticos.
- QPC: Que son as cousas que máis vos gustan desta terra?
Sen dúbida o clima. Podemos dicir que chegamos ao norte fuxindo do calor levantino. E a maiores a gastronomía e a calidade de vida son son un valor engadido importante para nós.
- QPC: A día de hoxe xa sodes 4 na empresa, non? Con previsión de medrar?
Estamos a medrar pouco a pouco, pero polo de agora non temos previsión de ampliar o equipo.
- QPC: Como vedes a comunidade virtual costeira? É movida ou está parada comparada con outras zonas máis urbanas?
Botamos de menos a actividade en torno ás tecnoloxías que si está a producirse nas cidades como na Coruña ou Santiago, e nese sentido tentamos participar, promover e impulsar que pasen cousas aquí... aínda que non sempre é doado. Estamos a colaborar co movemento Rego Media Lab en Ponteceso e con Tec&Tea en Corcubión.
E temos en mente organizar algunhas xornadas de networking e de divulgación tecnolóxica, aínda que o traballo non nos permite adicar todo o tempo que nos gustaría a esto, e polo de agora está moi cativa a idea.
- QPC: E como vedes o empresariado medio? Credes que valora a importancia real que ten a día de hoxe xa a internet? Credes que o empresario típico da Costa considera tan necesaria como é ter unha boa páxina web e unha boa comunicación?
Penso que hai moito descoñecemento ao respecto, e opinións moi dispares. Podes atopar xente que pensa que con ter a empresa nas redes sociais xa chega, xente que fixo unha web hai máis de 10 anos e pensa que era para todala vida, ou xente que non ve máis aló do seu día a día e só danse de conta que os seus clientes son os seus veciños e xa lle coñecen. Non ven as posibilidades de atopar clientes duns poucos kilómetros máis aló, ou mesmo de centos ou miles de kilómetros máis aló.
Non só temos que pensar en estar en internet para que merquen os nosos produtos (que tamén) clientes a miles de kilómetros de nós. A nosa é unha bisbarra turística, e eses clientes de miles de kilómetros poden ser turistas que van vir próximamente. É unha práctica moi extendida, cando se prepara unha viaxe, revisar en internet antes de vir os establecementos da zona que se poden necesitar, facer as reservas antes de vir e preparar todo o que se queire facer e visitar cos datos que se atopan en internet.
Os tempos cambian, as persoas cambian... chegamos xente nova á bisbarra que non temos referencia das empresas existentes e a nosa forma de atopar o que necesitamos é internet. Sempre conto que cando nós chegamos (tanto á Coruña como a Ponteceso) tivemos que buscar varios servicios (dentista, peluquería, veterinario, ...) e decidimos entre aqueles que tiñan presencia en internet os que tiñan unha imaxe e contidos máis actualizados.
Ao final hai que darse de conta que a presencia en internet dunha empresa é unha vía fundamental para atopar clientes. Calquera que ten unha tenda física sabe que cada pouco debe cambiar o escaparate e adaptalo á nova temporada, ningúen ten hoxe o mesmo escaparate nen vende hoxe a mesma mercancía que hai 5 anos ... pois a presencia en internet hai que coidala do mesmo xeito.
- QPC: Que botades en falta en materia de infraestruturas de comunicación ou desenvolvemento tecnolóxico na Costa da Morte?
Ao día de hoxe aínda temos unha infraestructura de fibra moi pouco espallada, de feito na nosa oficina non temos e non conseguimos terla despois de varias volta de tentarlo, a velocidade de conexión que temos é bastante maíña. Aínda que semelle pouco importante cada vez é té máis peso na toma da decisión de onde ubicar un negocio, pois ao día de hoxe calquera negocio, mesmo unha tenda prácticamente, necesita ter unha boa conexión a internet, ainda que só sexa para poder cobrar con tarxeta sen ter que saír á porta có datáfono, que é algo que teño visto ter que facer.
Pero bueno… ao comezo de vir para a Costa da Morte tíñamos que traballar con conexión vía satélite a través dunha parabólica... aquelo si que era tedioso...
- QPC: Seica andades comprometidos co tema do software libre. Nunha liña, como lle explicas a un veciño que é o software libre e para que serve?
O concepto é doado explicar, o difícil é separalo do concepto gratis asentado no imaxinario colectivo.
- QPC: Hai movemento na Costa da Morte con este asunto?
Como che comentaba si que arrancan a facerse cousas, chama a atención que case todas xurden de xente costimorteña
de adopción.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).