martes. 11.11.2025
El tiempo

Por que volve estar en perigo o Museo MACCMO de Corme?

Fundacion Torre Pujales
Por que volve estar en perigo o Museo MACCMO de Corme?

Son moitas as circunstancias que se dan arredor da estabilidade do Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morta. A Fundación Torre Pujales creaba o MACCMO en 2006 rehabilitando un edificio na vila de Corme, nos seus case 20 anos de vida confirmouse como un auténtico foco de atracción de visitantes. É certo que o Museo conseguiuse converter nunha referencia artítistica para toda a Costa da Morte, pero en boa medida gracias ás xentes da vila, e de colectivos como Ponteceso Cultura Permanente, Insua de Viastela… que lle deron vida a un espazo bastante estanco.

Aí radica unha das controversias entre a Fundación Torre Pujales e a comarca. Cómpre, antes de nadal, dar conta da gran diferencia social coa que o pobo de Corme recibe á matrona da Fundación, Cristina Torre Cervigón, unha muller comprometida e humilde; e ás soberbias mulleres que forman o Padroado (Charo del Rincón, Encarnación PIsonero, Carlota Cuesta…), sempre mirando por riba do ombreiro á veciñanza local.

Tal é a así, que se ben conseguiron traer no seu día a Isaac Díaz Pardo, achegando un valor para a vila de Corme, nunca quixeron abrir as portas á arte e a cultura local. Unha demostración de ser moi curtas de vista, pois a creación de exposición de artistas locai como Suso Lista o Drew seguro que atraería ás xentes ao propio museo, facéndoo máis participativo e vivo.

Pero a realidade é que as mulleres do padroado nunca cederon nin unha soa das catro plantas para uso municipal ou veciñal ou para exposicións itinerantes.

Novo escenario: caducou o convenio, e o edificio xa é municipal

museo maccmo corme
Imaxe do edificio do MACCMO en Corme

A historia cambia radicalmente agora que caducou o convenio entre Concello e a Fundación Torre Pujales. O Museo xa estivo en perigo de marchar de Corme en 2013, cando o retraso na inauguración dunhas obras subvencionadas polo AGADER provocaron que a Fundación, que viña de investir 600.000€ na adecuación do edificio, perdese a propiedade do edificio, que saíu a subasta e foi mercado polo Concello, nunha das poucas boas intervencións do goberno de Lois Carballido.

Agora, co edificio propiedade do Concello, e unha vez caducado o convenio, o poder cambia de man. Así o entende o alcalde pontecesán, o popular Mato: “E quero que o Museo se quede, pero ten que dar nas condicións que nós marcamos”, sinala con rotundidade. “O Concello está tomando unha posición totalmente lóxica. Elas teñen que aceptar as condicións. Nós queremos que queden con unha planta, e o resto para uso municipal e veciñal, que para iso puxemos un técnico de Museos; o Concello ten que ter as chaves, que para iso é un edificio municipal; e queremos que a Fundación asegure as súas obras, nós aseguramos o edificio pero se hai un incendio non pode ser o Concello do que dependan as súas obras”.

Polo camiño, ademais de esperarmos a ver que opina oficilamente o Partido Galego, que forma goberno co PP e que controla a Concellería de Cultura, hai outro elemento: A familia Sotomayor quere implicarse no Museo, o que seguro que provoca controversia co Padroado de Torre Pujales.

Con todo, vexamos como van as negociacións. Sen dúbida, para nós o Museo debería ser inamobible, como foco de atracción, e sacalo de Corme sería unha derrota, pois é un activo para a Costa da Morte.

Comentarios