Icía Varela lanza o seu primeiro traballo en solitario como tributo ás “Velliñas de Mens”
Non para de medrar. Icía Varela está a piques de sacar o seu primeiro traballo en solitario. O seu nome, “Mens”, e non é outra cousa máis que un fermoso tributo ás “Velliñas de Mens”. A filóloga e artista malpicá (Cerqueda, 2000) leva anos traballando arredor do legado desas mulleres que mantiveron viva a tradición oral. Xa publicou xunto co seu pai Xosé Manuel Varela o libro “Cantareiras”, e este ano está lanzando o de “Pandereitas”. Toca agora pasar do papel ao pentagrama, e con ese mesmo obxectivo lanza este disco en homenaxe ás súas veciñas,
De feito, o traballo, que será presentado o 20 de decembro, está baseado en melodías das míticas Pandereiteiras de Mens. “Un tributo e agradecemento a elas”, cóntanos dende Xapón, onde pasa unhas semanas para dar un concerto este sábado 22 de novembro (dia de Santa Icía), coincidindo co aniversario (festa) do nacemento da cidade de Hashimoto, lugar natal de Haruna.
O traballo está producido por Disquesi estudio, da man do produtor Rubén Montes, e o deseño da portada e dos interiores é de Nerea Gómez, coa que xa ten traballado nos libros.




