Denuncian despedimentos inxustificados e cargas de traballo excesivas na franquía Eroski de Ponteceso

Mañá de concentración ás portas do Eroski de Ponteceso a deste pasado martes 14 de xaneiro. Traballadores e traballadoras, convocadas por CCOO-Servizos, uníanse para protestar pola situación laboral en JOALPER, franquía de Eroski en Ponteceso.
CCOO denuncia os despedimentos «inxustificados» que a empresa vén realizando nos últimos meses. Estos despedimentos «agravan a situación de sobrecarga de traballo» que sofre os traballadores e traballadoras desde hai meses, «debido principalmente á escaseza de persoal».
Con esta concentración, o sindicato rexeita «a explotación laboral existente en JOALPER, esixindo que se poña remedio inmediato á sobrecarga de traballo que deteriora a saúde das persoas traballadoras e poñan fin aos despedimentos inxustificados».