Venres. 17.05.2024
El tiempo

Dixitalizando os números das vivendas para paliar as queixas da veciñanza

Unha vivenda da Campara
Unha vivenda da Campara
Dixitalizando os números das vivendas para paliar as queixas da veciñanza

Parece incrible pero acontece. Hai concellos onde non saben exactamente o número das vivendas. Unha problemática que afecta á veciñanza de moitas formas, con problemas para certas facturas, duplicidades, co aumento dos envíos de paquetería… polo que cada vez as queixas son máis habituais.

Por Ponteceso están intentando solventalo instaurando un sistema de renumeración dixital das casas que vai aportar ao Instituto Nacional de Estatística e ao soporte de Google para que apareza o enderezo exacto en todos os navegadores do mundo.

O Concello aproveita unha axuda do Grupo de Desenvolvemento Rural Costa da Morte con aportación de fondos propios, para licitar o proxecto. As empresas teñen ate o 12 de decembro para presentar as súas ofertas e o prazo de execución será de máximo 7 meses, aínda que é puntuable a redución de prazos.

Comentarios