Dous accidentes en Santa Comba e Carballo e un atropelo en Ponteceso, saldo viario da fin de semana


A tarde do sábado deixábanos dous importantes sustos na comarca de Bergantiños. A media tarde unha muller era atropelada en pleno recheo de Ponteceso, na saída cara cavanana. Acodiron ao lugar a Policía Local e mais o GES de Ponteceso, e a señora foi trasladada cun golpe na cabeza, pero consciente, ao hospital de referencia.
Pouco antes, arredor das 15:00h da un coche sufría unha saída de vía en Ardaña, no punto quilométricos 4 da DP-1914. O saíu da vía pola marxe dereita e voltou de novo, quedando no medo do carril. Os dous ocupantes do vehículo tiveron que trasladados por Urxencias Médicas con pronóstico reservado.
O vehículo quedou nun aparatoso estado e os Bombeiros de Carballo tiveron que acodir para retirar colaborar na regulación do tráfico, na retirada do vehículo co guindastre e na limpeza da estrada.
Un evacuado en Santa Comba
Durante a tarde do pasado venres, un home sufría un accidente co seu vehículo ao saírse da estrada e pegar contra un poste da luz. O accidente tivo lugar en Cataliño, na estrada que une Coristanco e Castriz, arredor das 18:30 da tarde.
A vítima tivo que ser trasladada nun helicóptero medicalizado ata o Hospital de referentecia.
Ao lugar acodiron 061-Urxencias Sanitarias, á Policía Local, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e aos Bombeiros de Santa Comba.