Dous alumnos do IES de Ponteceso volven con medallas do Galiciaskills 2025 de FP
30 de outubro de 2025 (16:10 h.)
Foi o único centro da Costa da Morte que presentou varias candidaturas ao campionato GaliciaSkills 2025, esa olimpiada da FP galega, que este xoves 30 de outubro se celebrou no no recinto da Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda.
5 dos máis de 200 alumnos participantes neste “campionato” escolar chegaban dende o IES Eduardo Pondal de Ponteceso. E dous, volveron con premio.
Helena Vázquez Espasandín acadou a Medalla de ouro en Atención sociosanitaria.
Ademais, Luís Guillermo González-Botas Lago levou a Medalla de prata e Pintura do Automóbil.
Unha demostración do potencial da nosa FP.