Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O laxense Borja Martínez Vázquez representará ao IES de Ponteceso nas Olimpíadas Galicia Skills 2023

A sétima edición do Galicia Skills (as "Olimpíadas da Formación Profesional"), que se desenvolverá no recinto ferial de Silleda entre o 25 e o 27 deste mes, contará coa representación do IES Eduardo Pondal de Ponteceso. O alumno de laxe Borja Martínez Vázquez será o encargado de representalos na área de carrocería.

Borja será un un dos 190 alumnos de 84 centros que participarán nas 27 competicións diferentes, relacionadas coas diferentes especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante porá a proba as súas destrezas a través da realización de diversas probas de habilidades e coñecementos vinculadas á súa área de formación.

De resultar gañador, o representante da Costa da Morte pasaría ao campionato nacional, que terá lugar o ano que vén en Madrid.

Comentarios