A ceense Nerea Cernadas triunfa nas Olimpiadas da FP
- Borja Martínez Vázquez e Gonzalo Cancela Mariño tamén triunfaron
Xa estivemos con Gonzalo Cancela Mariño e Daniel Villar, e máis con Borja Martínez Vázquez nas Olimpiadas da FP, a Galicia Skills. Quedábanos por contar a presenza de Nerea Cernadas, alumna do IES Agra de Raíces, que tamén participou nese 7º Campionato Galego de Formación Profesional.
E a verdade é que os resultados non puideron ser mellores.
Borja, o representante do IES Eduardo Pondal (con Antonio Alvarez Martínez de titor, quedou campión en materia de Reparación de carrozaría; e Gonzalo (con Diego Terrón Del Valle de titor), do IES Isidro Parga Pondal (Carballo) quedou subcampión en Administración de sistemas en rede.
E tamén a ceense Nerea Cernadas trouxo de volta a medalla de ouro no GaliciaSkills en materia de Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria. Aos seus 17 anos está chamada a ser unha brillante TCAE, ciclo que actualmente estuda desenvolvendo as prácticas correspondentes a FCT (Formación en Centros de Traballo) de segundo curso.
En Silleda, acompañada da titora Eva Trasmonte Castiñeira, Nerea vén de demostrar a súa formación diante dun xurado formado polos titores e titoras do CIFP Ánxel Casal-Monte Alto de A Coruña, do CIFP Leixa de Ferrol, do CIFP Politécnico de Lugo, do Cruz Roja Española e do IES Monte Castelo de Burela.
Nerea volta a gañar para o IES Agra de Raíces logo de que na anterior edición, no 6ª Campionato en 2021, resulta vencedora Andrea Castreje tamén alumna do centro cense.
Dende o centro ceense valoran o traballo de Nerea neste ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermería que é un dos máis solicitados da Formación Profesional, xa que permite atopar traballo en múltiples ámbitos, tanto en centros e organismos públicos como privados. Neste curso 2023-24 hai 28 alumnos e alumnas matriculados en primeiro e 17 en segundo.
Máis novas