Luns. 29.04.2024
El tiempo

Gonzalo Cancela Mariño e Daniel Villar, outros representantes da FP costeira no Galicia Skills

Gonzalo Cancela Mariño representou ao IES Parga Pondal nas Galicia Skills
Gonzalo Cancela Mariño representou ao IES Parga Pondal nas Galicia Skills
Gonzalo Cancela Mariño e Daniel Villar, outros representantes da FP costeira no Galicia Skills

Continúa aínda hoxe a celebración da sétima edición do Galicia Skills (as "Olimpíadas da FP”). E no recinto ferial de Silleda, ademais de Borja Martínez Vázquez, do IES de Ponteceso, tamén se atopan amosando as súas capacidades outros dous alumnos costeiros, demostrando o potencial dos nosos centros.

Por un lado está Gonzalo Cancela Mariño, do IES Isidro Parga Pondal de Carballo. O alumno carballés do 2º do Ciclo Superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede, participou acompañado do seu profesor Diego Terrón na competición de “TI Administración de sistemas en rede”.

Gonzalo Cancela Mariño representou ao IES Parga Pondal nas Galicia Skills 2
Gonzalo Cancela Mariño en acción

Tamén participa nesta competición o alumno Daniel Villar de 2º curso do Ciclo Superior de DAW do IES Maximino Romero de Lema. Dende o centro aseguran que se atopa “moi ilusionado e disposto a aprender desta experiencia” según comenta o seu titor Bertı́n Deza, que estará estes dı́as con el. Daniel terá que desenvolver una proba relacionada coa súa especialidade na que porá a proba as súas destrezas e coñecementos en materias coma Bases de datos, programación ou despregamento de aplicacións web.

IES de Baio no FOTO GALICIASKILLS
Daniel Villar arroupado polos seus compañeiros do IES de Baio

O baiés estivo arroupado polo alumnado de 2º curso de CM de Sistemas Microinformáticos, e máis os compañeiros de Daniel de 2º de DAW, que visitaron o recinto para darlle ánimos ao seu compañeiro e coñecer como se desenvolven estas olimpiadas. Para o alumnado foi unha experiencia moi motivadora ver que se están a facer tantos proxectos noutros centros galegos, ao mesmo tempo que puideron coñecer outros campos da formación profesional que descoñecı́an.

  •  

Comentarios