Esperando un V de Valarés de inverno cun vídeo do verán

Se onte disfrutabamos do vídeo completo da representación do Asalto, hoxe queremos repasar o Festival Con V de Valarés 2012. Unha edición marcada pola chuVia, pero que ao longo da tarda e ata que a auga apagou a música de Sex Museum, deixou moitas cousas para demostrar que este festival é un dos máis potentes da Costa da Morte, poñendo un lugar de 3 casas no panorama nacional da música indie.
Seguimos pendentes de que o Colectivo Con V de Valarés artelle a organización dun festival de inverno gratuito cos grupos que non puideron facelo por mor da chuvia. Ademais, xa están pensando no 17 de agosto de 2013, a vindeira, a que será a a VII edición.
Polo de pronto vos deixamos cun pequeno vídeo da festa deste pasado agosto 2012.
V de Valarés | SON Estrella Galicia from ESTRELLA GALICIA on Vimeo.
Máis información
Novas conV
- E a chuVia empapou a música.
- Adrián ConVdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
- ConVdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Festa Folk 2011: A Anchoa sacou os cen pés a bailar.
- Festa Folk 2010: A mellor música folk do país invadíu a fin do mundo.
- 2010: Máis de 30 bandas teñen pasado pola Anchoa: 11 anos traendo o mellor folk do país á Fin do Mundo.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
