Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O exalcalde de Ponteceso, Fondo Aguiar, condenado a 8 anos e 6 meses de inhabilitación por prevaricación administrativa

Jose Luis Fondo Aguiar do PP Ponteceso
Jose Luís Fondo Aguiar
O exalcalde de Ponteceso, Fondo Aguiar, condenado a 8 anos e 6 meses de inhabilitación por prevaricación administrativa

A Audiencia Provincial da Coruña vén de ditar unha sentenza na que condena ao exalcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar. O ex rexedor popular entre o 93 e o 2015, que volveu ser candidato nas eleccións de 2019 e que perdeu ante o socialista Lois Carballido, sofre unha condena 8 anos, 6 meses e 1 día de inhabilitación especial para emprego ou cargo público.

A Audiencia impúxose un delito continuado de prevaricación administrativa, pero o absolve de delito de fraude a ente público, sendo absolto tamén o outro acusado, responsable da empresa de construción implicada. “O rexedor sabía perfectamente que na contratación destas obras tamén debe seguirse un procedemento que neste caso non cumpriu en absoluto”, sinala a sentenza, que pon o foco na “contratación verbal reiterada" nas adxudicacións, "allea a calquera procedemento establecido" e "só sometida á vontade da autoridade contratante”.

Sinala a sentenza que entre 2012 e 2015 o Concello axustaba o orzamento de maneira irregular e permitiu que unha empresa prestase obras ao Concello nas que se incumpría a normativa de contratación. A Audiencia non puido confirmar hipotéticos “sobres” nestas obras a pesar de certas provas e testemuños.

Comentarios