Falece unha muller tras ser rescatada na praia do Osmo
17:53 30/07/23
Unha muller de 70 anos perdeu a vida esta tarde de domingo nunha ateigada Praia do Osmo.
A muller era rescatada polos socorristas, e alertado polos bañistas, o 112 avisaba a Urxencias Médicas 061 que enviaron á zona unha dotación á bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Axiña os servizos de emerxencias alí desprazamos sinalaron que a señora falecera, e mesmo barallaban a posibilidade de que a persoa sufrira unha indisposición previa, pois trátase dunha zona de pouco calado.