Fernando García Quián e Diego Lema Mira, gañadores do certame Ponte en Fotos
22:05 23/08/20
Tres fermosas paisaxes de Fernando García Quián, e outras tres imaxes de paisaxes, entre elas unha fotografía da Vía Láctea sobre o faro Roncudo, de Diego Lema Mira, foron merecedoras dos premios do concurso “Ponte en fotos”.
Ambos acodiron á recibir o detalle o pasado venres da man da Concelleira de Educación, Formación, Biblioteca e Patrimonio, Maite Chouciño.
Os participantes foron galardoados cunha cea para dúas persoas no restaurante Miramar, con validez para tres meses de luns a venres.