Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Festa do Percebe volverá ás orixes

A Festa do Percebe volverá ás orixes

A “Asociación pola promoción da Festa do Percebe do Roncudo” xa ten data para a 32ª edición do sei festón. Será o sábado 6 de xullo de 2024, e chega con novidades. 

Así o acordaron nunha reunión entre a Confraría de Pescadores de Corme e un equipo do goberno cormelán. Por parte da parte do mar, estivero o Patrón Maior da Confraría de Corme, José Carabel Mosqueira e Roberto Vidal Pombo, ex patrón e Presidente dos Percebeiros ademais de presidente da “Asociación pola promoción do Percebe do Roncudo”, xunto cos Juan Novo, David Verdes, Kevin Facal, Patxi, Germán Vidal... Tamén estivo presente outros dos alicerces do tecido social cormelán, o club Corme CF, representado por Higinia Vidal, Asociación de Veciños de Corme da man de Antón Vidal como presidente da e as Redeiras Illa da Estrela da man de Rosa.

"Retornaremos os orixes, indo da man voluntari@s e percebeir@s do pobo, recolectando, seleccionando, cocendo e servindo este preciado marisco, amado e querido por todos nós", explican. "Para que chegue a mesa a mellor calidade do Faro Roncudo".

Amén do propio Patrón Maior da Confraría de Corme, José Carabel Mosqueira e o seu homólogo Roberto Vidal Pombo, este último como Presidente dos Mariscadores da Confraría, e tamén como presidente da “Asociación pola promoción do Percebe do Roncudo”

Unha boa cantidade de hostaleiros estiveron presentes, na reunión cos que se entablou unha agradable conversa sobre diferentes puntos de vista, e ideas para mellorar en todo tipo de ámbitos.

Ademais da degustación, no faltará a música e haberá pinchas destacados como o residente Dj Drew e DJ Warce.

Máis novas

 

Comentarios