Martes. 30.04.2024
El tiempo

Corme viviu a festa do Percebe máis gastronómica

Festa do Percebe de Corme 2023
Corme viviu a festa do Percebe máis gastronómica

Acollía Corme unha edición, a XXXI, especial da Festa do Percebe do Roncudo. A Confraría necesitaba apoio municipal para desenvolvela, e a resposta foi moi positiva, tanto da anterior como da actual corporación, para facer unha festa moito máis equilibrada. Non foi o batifundio de anos anteriores, houbo botellón pero non tanto, e a festas gatronómica maridou algo mellor coa troula, dúas vertentes que non se miraban.

Foi a empresa Peculiar, que ten 4-5 restaurantes en Coruña, a encargada da parte gastronómica. Saíron case 2.000 racións, a 30 euros, sumando entre 700 e 900 kg do mellor percebe do mundo. Un percebe colleitado nestas últimas semanas polos percebeiros e percebeiras de Corme na prezada rocha do Roncudo, unha zona que unicamente se abre dúas veces ao ano, para a celebración desta festividade e durante o Nadal.
Pero tamén houbo polbo, empanadas, queixo… De todo para gozar coma sempre do rei do marisco.

Festa do Percebe de Roncudo-Corme 2023

Aí estivo presente a comitiva política, con José Manuel Mato estreando o cargo do alcalde, aparecendo en escea o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o voceiro do PP carballés Rubén Lorenzo, acompañados polo edil do Partido Galego, Juan Vidal, que xogaba na casa.

Pola tarde chegaba a música. Foi o Concello o encargado de colaborar, ademais de coas carpas e a intendencia, coa contratación de Herdeiros da Crus. A mítica banda ghallegha fixo saltar aos asistentes a partir das 19:00h.

Todo, nesta festa que xa conta co título de Festa de Interese Turístico de Galicia e que aspira a converterse tamén en Festa de Interese Turístico Nacional.

Herdeiros na Festa do Percebe de Corme-Foto-Suso Mendez
Herdeiros na Festa do Percebe de Corme-Foto-Suso Méndez
Festa do Percebe de Corme-Foto-Suso Mendez
Así estaban as rúas de Corme-Foto-Suso Méndez

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios