Festiletras 2014: Comeza a arrecender a cultura na Aldea das Letras


Xa arrecende a cultura polo Couto. Esa aldea gala, onde os Veciños son os creadores dunha identidade propia. Ese lugar pontecesán onde os Veciños levan máis de 30 anos facendo que toda Galicia bote, polo Día das Letras Galegas, unha ollada cara Bergantiños, cara O Couto, cara a “Aldea das Letras”.
Xa está en marcha o #Festiletras2014 e o primeiro que temos son as datas, do venres 16 ao domingo 18 de maio, e o fermoso cartel deseñado por Adrián Varela, un dos mellores expoñentes do que significa levar 35 anos creando canteira da man da Asociación Monte Branco.
Por agora pouco máis nos deixan saber, pero si temos claro que imos poder disfrutar neses 3 días de cantidade e variedade de propostas: artesanía, música, danza, literatura, conferencias, xogos, roteiros, regueifa, convivencias, ilustración, fotografía, monólogos, teatro, gastronomía… todo cabe na aldea das Letras.
Esperamos con impaciencia algo máis do cartel!!
Máis información
Novas relacionadas
- Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona”.
- Festiletras 2013: As grandes actuacións encheron a Aldea do Couto de Letras.
- Festiletras 2013: O Festiletras arrincou a ritmo de vogal.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
- Festiletras 2011: Hai canteira para a Festa das Letras do Couto.
- A mocidade que forma.
- Unha Escola de Verán distinta na Fundación Eduardo Pondal.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).