O Festiletras arrincou a ritmo de vogal


A cita cultural máis importante do ano na Costa da Morte, e unha das referencias de toda Galicia co gallo das Letras Galegas botaba a andar este domingo. A aldea gala do Couto volve concertirse no centro cultural do país cunha programación de verdadeira envexa. I é que 31 anos dan para moito, e sobre todo, para fomar unha canteira de auténtico luxo, pois volvemos comprobar que moitas das actividades están enfocadas aos centros de ensino.
Dende onte e ata o vindeiro domingo 19 de maio, a cultura, en toda a súa esencia, invadirá O Couto gracias ao traballo da Asociación Monte Branco.
Onte eran as caras máis populares da TVG costeira, Jorge Mira e María Canosa, presentadores das Cifras e Letras galegas, as que abriron o telón. E o fixeron coa presentación dos premios á "Promoción Cultural" e "Bergantiñán do ano", ademais de levar un pregón precisamente en clave de "Ciencias e Letras". Ambos loubaron a actividade desta xente que pon á comarca de Bergantiños nos ollos de todo o país.
Completa programación.
Hoxe luns 13 toca Xornada escolar no IES Ponteceso coas xentes da Real Academia Galega. Será Guillermo Escrigas, director do CGAI da Corula o que nos fale de Roberto Vidal Bolaño no cine.
Para o martes 14 toca o Día Científico 2013 Padre Feijoo enfocado aos alumnos. e farán un percorrido guiado pola ribeira baixa do Anllóns cos cativos do CEIP As Forcadas de Corme. Ademais, no IES Ponteceso terán unha sesión de obradoiros de divulgación científica con Antonio Muíños. Mentres, no CPI Cabo da Area de Laxe farán unha saída guiada á Lagoa de Traba con José Luís Rabuñal Patiño, e escoitarán a conferencia sobre Isidro Parga Pondal de Xosé Lires. Ademais, pola tarde, Xurxo Ayán será o encargado de levar aos pequenos das Revoltas, de Cabana ata o castro da Cibdá. Rematará o longo martes cunha aula de achegamento á literatura portuguesa con Ana Gravata.
O mércores será un día para a danza e o teatro, e o xoves novo Encontro "Mil primaveras na casa de Pondal". Pola tarde mesa redonda sobre as minas de titanio e Kaolines, para dar paso ás actividades máis chamativas.
As citas nocturnas de xoves, venres, sábado e domingo son de primeiro nivel, con Rober Bodegas, Uxía, aCadaCando e As Cantareiras de Ardebullo, respectivamente.

Teñen toda a información en:
Novas relacionadas
- Lema Suárez: O dramaturgo Roberto Vidal Bolaño e a súa infancia en Baio.
- En marcha o I Premio de Poesía Gonzalo López Abente.
- Pondal sumérxese no portugués.
- Unha de pandeireta 2.0 para os pequenos do Couto.
- Os pequenos de Ponteceso celebran con Rosalía o 178 aniversario de Pondal.
- Xabier Díaz pechou cun obradoiro de arrolos as sesións lectivas Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal.
- Festiletras 2012: Cheo tras cheo no espectacular Festiletras da aldea do Couto.
Letras Galegas na Costa
- As FestiLetras da aldea do Couto viven a súa idade de ouro.
- Fisterra prepara unha Semana das Letras moi divertida.
- Cee propón un poético maio de Letras.
- Zas adica o mes das Letras a Vidal Bolaño.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).