mércores. 30.04.2025
El tiempo

Fin de semana de actividades en Corme

Fin de semana de actividades en Corme
Facemos balance das diversas actividades que artellou o Concello de Ponteceso nas últimas xornadas na vila de Corme Campamento urbán E comezamos co Campamento urbán que organizaba o Concello entre o xoves e o venres da pasada semana. Na actividade participaron 38 nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Segundo afirman dende o Concello, os campamentos están destinados a que os rapaces pasen a súa primeira noite fora da casa, compartindo tempo con xente da súa idade, ou sendo independentes na hixiene e o coidado persoal. Festival de Habaneras Por outra banda, o pasado sábado, 6 de agosto, celebrouse tamén en Corme o Festival de Habaneras. Actuaron as corais Casino Mugardés de Mugardos, Coral Polifónica de Cedeira, Coral Polifónica de Bueu, e a local Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme. Segundo contan dende o Concello, houbo unha cifra récord de asistentes, con máis de cincocentas persoas que se deron cita na Praza do Pan. Tamén estiveron presentes o alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo Aguiar, e o concelleiro de Cultura, Óscar Manuel Rey Calo. O acto organizouno a Coral Brisas do Mar, en colaboración co Concello de Ponteceso. Ruta Cicloturística Tamén en Corme, acollíase o pasado domingo a VII Ruta Cicloturística. O evento tamén o organizaba o Concello de Ponteceso, e contou coa participación de 160 ciclistas. O percorrido foi dende o peirao polo Cabo Roncudo, a Pedra da Serpe, Guxín, e de novo volta ao peirao. Neste caso tamén houbo récord de participación. No acto estivo presente a concelleira de Deportes, María del Mar Durán. Na cita procedeuse ao sorteo dunha bici, cascos, manillares, botellas e contaquilómetros. Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso.

Comentarios