Venres. 19.04.2024
El tiempo

CORRUPCIÓN

A Fiscalía pide 4 anos e medio de prisión e 12 de inhabilitación por un suposto delito de prevaricación

Jose Luis Fondo Aguiar do PP Ponteceso
A Fiscalía pide 4 anos e medio de prisión e 12 de inhabilitación por un suposto delito de prevaricación

A suposta contratación irregular de obra pública pode levar ao ex alcalde, e actual candidato do PP de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, oas tribunais. A Fiscalía pide 4 anos e medio de prisión e 12 de inhabilitación para Fondo por posible prevaricación administrativa e fraude, así como tamén imputa ao xerente de Construcciones Esteban Seoane, a empresa concesionaria de  varias obras analizadas.

O asunto chegou á Fiscalía despois de que o actual goberno socialista rexeitase pagar uns 500.000€ que pedía a empresa por varias facturas sen resolver. A empresa denunciaba o impago e aproveitando a resolución administrativa favorable ao concello, para elevar, en 2016, a causa ao Xulgado polo penal.

Agora, a Fiscalía considera que hai indicios de delito polo incumprimento das normas básicas de contratación pública, ao facer case 40 contratos sen procedemento nin xustificación, separados en contratos menores para evitar que saísen á licitación pública mediante procesos abertos e negociados.

Tamén estudian o pago con fondos públicos de 3 abonos do Deportivo entre as campañas 2009 e 2012. 

En plena campaña

Un asunto que chega a apenas 4 meses das Eleccións Municipais do vindeiro 26 de maio, con Fondo Aguiar xa presentado como candidato do PP pontecesán. Cómpre esperar cal é a resposta do PP Provincial ante esta situación.

Fonte

  • La Voz.

Comentarios