Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O xuizo sobre a Fonte de Canasteves analiza a súa inclusión no Catálogo de Patrimonio pero non a súa propiedade

Fonte de canasteves
O xuizo sobre a Fonte de Canasteves analiza a súa inclusión no Catálogo de Patrimonio pero non a súa propiedade

A pasada semana coñeciamos a sentenza do TSXG que ratificaba a declaración como Ben de Interese Patrimonial da Fonte de Canasteves. Un espazo singular, con máis de 100 anos de historia de propiedade privada nunha casa de Tella, Ponteceso. O procedemento xudicial aínda ten percorrido, xa a parte propietaria ten presentado un recurso ante o Tribunal Supremo.

Un xuízo que se dá por mor doutro típico episodio de rifa entre veciños. Un veciño da zona rexistrou unha petición para a súa inclusión no Catálogo e de aí veñen todas estas leas xudiciais.

Así, cómpre deixar claro que o xuízo en ningún momento valora a propiedade do conxunto, senón que unicamente determirará se é un ben catalogado ou non.

Novas relacionadas

Comentarios