Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Garda Civil incautou máis de 8.000 artigos pirotécnicos no San Roque de Corme

Pirotecnia requisada en Corme
Pirotecnia requisada nos postos ambulantes das Festas de Sn Roque de Corme
A Garda Civil incautou máis de 8.000 artigos pirotécnicos no San Roque de Corme
A Garda Civil incautou máis de 8.000 artigos pirotécnicos en Corme

Esta fin de semana celebrábase o San Roque en Corme. E a Garda Civil do Posto de Laxe recibía unha chamada do Centro Operativo Complexo da Comandancia da Coruña alertando do lanzamento de fogos de artificio e petardos de gran calibre que non tiñan permiso e que serían un risco para a integridade do resto de asistentes á mesma.

A Garda Civil indagou sobre o ocorrido, obtendo a información de que estes artiluxiso pirotécnicos estaban á venda nun dos postos de ambulante situados na zona. Os efectivos da patrúlla desprazáronse ata o posto para entrevistarse co propietario e solicitarlle a documentación pertinente para a venda deste tipo de mercancía, confirmándolles esta persoa que tiña devanditos artigos para a súa venda, descoñecendo que fose necesaria ningún tipo de documentación para esta actividade. A Garda Civil procedeu á confección da correspondente denuncia por suposta infracción ao Reglamento de artigos pirotécnicos e cartuchería e á incautación da mercancía para a súa destrución.

Comentarios