Un grupo do IES Eduardo Pondal, Mellor Grupo da Olimpiada de Xeoloxía
Tivo que se desenvolverse de xeito telemático, pero a experiencia aínda así foi espectacular. Non só polos resultados, que deixan a este grupo de alumnos e alumnas do IES Eduardo Pondal de Ponteceso como grandes protagonistas da fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía, celebrada o pasado día 24 de febreiro.
Os Claudia Suárez Rivas, Yaissa Castro Rojo, Martín Martínez Rioboo e David Méndez Redondo conseguiron o premeiro premio na categoría Mellor Grupo na Xincana Xeolóxica.
Ademais, na proba individual, David Méndez Redondo, resultou gañador da sede de Coruña-Lugo e representará a Galicia na fase nacional da Olimpíada que terá lugar en Cuenca o 17 de abril. Obtivo, de premio, unha guía de rochas e minerais e, xunto cos outros gañadores, poderá gozar dunha ruta xeolóxica por Cabo Ortegal. O segundo premio recaeu en Martín Martínez Rioboo, alumno tamén de Xeoloxía de 2º de Bacharelato en Ponteceso, demostrando o poderío do grupo coordinado pola profesora Isabel Segura.
Novas charlas no IES Parga Pondal
Continúa o activo IES Parga Pondal realizanndo actividades. Desta volta, o departamento de economía artellaba unha doble sesión este pasado 25.
Primeiro tivo lugar unha teleconferencia con María Martínez Tubío, de Marquid Consulting, S.L., experta costeira en marketing que faloulles dende a Canadá. Resaltou o esforzo e a adicación como camiño de éxito.
Tamén estivo invitado Juan Carlos Fernández, xerente de Bodegas Carballo, para falar ca aula de 4º Eso, na asignatura IAEE (Iniciación a la Actividad Emprendedora e Empresarial), sobre o éxito-fracaso no mundo da empresa. Presentou o camiño do empresario & emprendedor coma unha longa travesía que conxuga talento e esforzo, máis que todo, esforzo. Detívose a sinalar as dificuldades reais de emprendedores que non acadan o éxito e quedan atrapados nas débedas. Salientou o caso coñecido de éxito do monologuista "Rober Bodegas" coma exemplo de superación e resiliencia.