Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Incautados no Porto de Corme un peixe espada, un atún vermello e un atún patudo

Incautados no Porto de Corme un peixe espada, un atún vermello e un atún patudo

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil, vén de incautar un peixe espada, un atún vermello e un atún patudo, mentres realizaba a inspección dun arrastreiro no porto de Corme, despois que o patrón manifestase que o barco estaba completamente descargado.

A Garda Civil localozou ocultas nas tolvas de paso do peixe ás bodegas as tres capturas mecionadas, xa evisceradas. O patrón excusouse dicindo que eran para consumo da tripulación.

A Benemérita incautou os tres exemplares ao carecer esta embarcación de permiso para realizar capturas destas especies, e procedeu a realizar acta de denucias por non telos descartado e devolvelos inmediatamente ao mar. Os túnidos e o peixe espada foron entregados ao Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña.

Comentarios