Luns. 07.10.2024
El tiempo

Jesús e Alberto remataron o seu Camiño solidario dende Irún ata Brantuas

Jesus e Alberto no Faro de Brantuas xunto coa AECC
Jesús e Alberto no Faro de Brantuas xunto coa AECC
Jesús e Alberto remataron o seu Camiño solidario dende Irún ata Brantuas

Completaron a fazaña solidaria, un ano máis. Jesús García (Anllóns) e Alberto Castro (Ponteceso) saían de Irún hai un par de semanas de Irún e chegaban este domingo 22 de setembro a Brantuas despois de percorrer, a dúas rodas, o Camiño do Norte e a Vía Céltica de Compostela ao Faro de Brantuas.

Dous amantes da bici, que percorren 50-60 km diarios polos montes de Bergantiños, e que dende o ano pasado quixeron levar a súa paixón máis lonxe, maridándoa cunha boa ración de solidariedade. Son as xentes das AC Campo do Río e a A.C. Nosa Señora do Faro de Brantuas e NIñóns as que se ocuparon de transformar cada quilómetro percorrido por cartos (quédase pequeno xa o lema de 1km=1€), para facer unha doazón en favor da Asociación Española contra o Cancro.

Jesus e Alberto bici solidaria brantuas chegada
Jesús e Alberto á súa chegada a Brantuas

Os ciclistas fixeron 1982km entre os dous, e a comunidade social recaudo, gracias aos patrocinios e ás doazóns nos porquiños/hucha instalados en varios puntos, 2.617€ para repartir entre as dúas entidades.

Unha experiencfia integral a que viviron, como dicimos por segundo ano, Jesús e Alberto. Este ano engadiron a parte bergantiñá da Vía Céltica, dándolle un impulso ao novo camiño xacobeo, pero ademais viviron experiencias singulares. Un rompeu a bici e tivo que volver ata Anllóns (pasando mesmo unha noite nunha estación de bus…) para recoller outra bici e volver a rodar. Aínda lle deu a tabarra a bici durante moitos quilómetros, pero ao final, o equipo conseguiu completar o Camiño.

As aventuras que pasan estes dous veteranos ben valen a colleita social!

Jesus e Alberto bici solidaria brantuas 2

Jesus e Alberto lembrando a Manolo na súa placa
Jesús e Alberto lembrando a Manolo diante da súa placa

Máis novas

Comentarios